¿Que é un rastrexo?

Un rastrexo é unha carreira nocturna por equipos con probas variadas que se celebra durante a noite nos montes galegos.

Os participantes organízanse en equipos de 6 a 12 persoas e xuntos buscan o camiño a percorrer e van facendo as diferentes probas que se van atopando tentando facer a mellor puntuación, o tempo empregado tamén pódese ter en conta.



Preguntas frecuentes (FAQ)

¿Como podo participar?

Na nosa páxina poderás ver tódolos rastrexos, en cada un deles explícase cal é o proceso de inscrición.

Depende do que decida a organización pero o habitual é enviar un correo electrónico a partires da data de apertura de inscrición.

Unha vez inscrito recibirás tódala a información que sexa necesaria do propio organizador: datas de saída, ubicación, material necesario, etc...

As prazas son limitadas se queres ir o mellor que inscribirse o antes posible.

¿Poden participar menores de idade?

Normalmente sí pero deben levar unha autorización firmada por un maior de idade pero depende do organizador.

¿Necesito experiencia previa?

Non, todo o mundo pode participar. Se non queredes correr podedes facelo camiño caminando.

Se non queredes facer algunha das probas tamén podedes decidir non facela.

Se aínda así tendes dúbidas preguntádelle a organización polo número de km e se o camiño vai ser muy complicado ou non.

¿Que tipo de probas podemos esperar?

As probas varían en tipo e dificultade, incluíndo retos físicos, enigmas mentais e actividades de traballo en equipo.

¿Como sei o camiño correcto a seguir?

Depende do rastrexo, a maioría son de frechas. É dicir, nas cruces de camiños deberedes buscar unha frecha indicando o camiño a seguir, os camiños polos que non debes ir márcanse con unha "X".

Os rastrexos de brúxula son pouco comúns en caso de necesitala a organización explicaravos como funciona antes da saída.

¿Que debemos levar?

O mínimo sería lanternas, teléfono,roupa cómoda e calzado adecuado para camiñar ou correr.

Dependendo do Rastrexo pode que necesitedes tamén unha brúxula, papel e boli, etc. Iso xa depende da organización.

¿Que é Rastrexando?

Dedicámonos a recopilar tódolos rastrexos e darlles visibilidade tanto na web como na nosa páxina de Facebook.

A idea nace porque costábame moito atopar os rastrexos en Facebook e decidin facer algo para facilitar a búsqueda destes.

Rastrexando non organiza rastrexos (al menos polo momento).

Teño máis dubidas.

Contacta coa organización do rastrexo ou con nos por e-mail.